Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO UN NOVO PARQUE INFANTIL NA RÚA ITALIA, NO BARRIO DO ALTO
Con este espazo contabilízanse xa tres espazos públicos de xogo acondicionados polo Concello e certificados pola Unión Europea.
A 5ª EDICIÓN DE 'XUVIÑO' TEN LUGAR DO 20 Ó 23 DE XUÑO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
No encontro de viños Naron-Neda haberá tamén actuacións musicais, gastronomía, e actividades de ocio para toda a familia.
A PARROQUIA DE O VAL CELEBRA A 17ª EDICIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
Os actos conmemorativos inclúen un concurso de Fotografía Turística de O Val, xogos, música, churrascada e a recreación da Lenda da Pena Molexa.
O CONCELLO CLAUSURA UNHA NOVA EDICIÓN DAS ESCOLAS DE FAMILIAS, COA PARTICIPACIÓN APROXIMADA DE 50 PAIS/NAIS E FILL0S/AS
Os participantes dividíronse en tres grupos, e as clases foron impartidas en horario extraescolar no CRA, o CEIP Ponte de Xuvia e o CEIP A Gándara.
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA VERÁN 2014
Está dirixido a nen@s de 4 a 12 anos. Haberá quendas semanais durante o mes de xullo, na Casa da Mocidade (A Gándara). O programa é gratuito.
MÁIS DUN MILLAR DE NEN@S PARTICIPARON NA VII MARCHA CICLISTA ESCOLAR ORGANIZADA POLO CONCELLO E AS ANPAS DOS COLEXIOS DE NARÓN
Os escolares percorreron a Estrada de Castela ata chegar ó Paseo Marítimo de Xuvia, onde se celebrou o fin de festa.
NOVA EDICIÓN DO PLAN DE FORMACIÓN A AUTÓNOMOS, PEMES E PEQUENO COMERCIO DE NARÓN 2014
Está organizado polo Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes. A derradeira conferencia se celebra o xoves 12 de xuño, no Café Teatro do Pazo da Cultura, con entrada libre.
A COOPERATIVA DE O VAL ACOLLE AS V XORNADAS TÉCNICAS DO PEMENTO DO COUTO
A cita é o venres 6 de xuño no Salón de Actos da Cooperativa de O Val, con entrada libre e gratuita.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal