Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA PEREGRINACIÓN INSTITUCIONAL A SANTIAGO POLO CAMIÑO INGLÉS
Os interesados en participar nas "Andainas sabatinas" poden apuntarse na 2ª pranta do Concello de Narón.
Narón, 26 de Maio de 2008.- A Concellería de Turismo do Concello de Narón ven de abrir o prazo de inscripción para participar na peregrinación institucional a Santiago polo Camiño Inglés, organizada en colaboración co Consorcio do Camiño Inglés. Os interesados poden formalizar a solicitude na 2ª pranta do Concello, ou ben por teléfono (981337700- ext. 204) ou vía e-mail (m.ferreiro@naron.es). O prazo de inscripción remata o próximo 28 de Maio, e o prezo da mesma é de 30 euros por persoa –que se destinarán a cubrir o gasto de desprazamento-. O programa de “Andainas Sabatinas” contempla a realización dos 111 kilómetros que unen Narón con Santiago a través do Camiño Inglés, nun total de seis etapas. A peregrinación comenzará o sábado 31 de Maio, e se irá realizando cada sábado ata chegar o día 5 de Xullo a Compostela. A organización disporá dun autobús para que os peregrinos poidan voltar a Narón logo de realizar cada unha destas etapas. -A primeira etapa discurrirá o sábado 31 de Maio entre Ferrol-Narón e Neda, cun total de 13 kilómetros. Sairá ás 9:00 horas do peirao de Ferrol. -Na segunda etapa, o 7 de Xuño, os participantes percorrerán Neda-Fene-Cabanas-Pontedeume-Miño, facendo un total de 20 kilómetros dende Neda. -A terceira etapa, o 14 de Xuño, unirá Paderne-Betanzos-Abegondo-Presedo, noutros 20 kilómetros dende Miño. -A cuarta etapa sairá o 21 de Xuño de Presedo, e percorrerá Carral, Mesía, e A Rúa tamén en 20 kilómetros. Nesta xornada está prevista a celebración dunha comida de confraternidade cos grupos de Ferrol e A Coruña. -A quinta etapa será o 28 de Xuño, e discurrirá por A Rúa-Oroso-Sigüeiro nun total de 20 kilómetros. -A sexta etapa, o 5 de Xullo, será entre Sigüeiro e Santiago, nunha distancia de 18 kilómetros. Ao remate de cada xornada, un autobús retornará a casa aos caminantes. Ao sábado seguinte, retomarase a ruta onde se deixou, ata rematar en Santiago ao final dos seis días, onde os camiñantes e os representantes do Concello de Narón serán recibidos polos representantes do Concello de Santiago.

<<< Novembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal