Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INÍCIASE O PROCESO DE DIXITALIZACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL
Permitirá acceder de xeito máis rápido ós documentos oficiais.
Narón, 27 de Maio de 2008.- A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida pola Edil Paloma González Cuevas, inicia esta semana o proceso de dixitalización do Arquivo Municipal do Concello, a través dun programa informático denominado Albalá. A nova ferramenta permitirá unha maior rapidez na xestión dos documentos oficiais, o que repercutirá tamén na mellora do servizo que se presta ós cidadáns nesta área municipal. O programa Albalá permite levar a cabo tarefas de descripción de fondos a distintos niveis así como a realización de índices, inventarios, catálogos, cadernos, rexistros de control de entrada e saída de documentos, e transferencias e préstamos a diferentes usuarios. Pero tamén permitirá a consulta de fondos doutros arquivos integrados na rede Albalá, como é o caso do Arquivo do Reino de Galicia, e tamén os arquivos municipais dos concellos de Abegondo e Ferrol, entre outros. O proceso de dixitalización do arquivo bibliográfico se realizará en varias fases, na primeira das cales se introducirán os datos tendo en conta a descripción de cada unha das unidades bibliográficas do arquivo. Para poder executar este traballo, a representante da empresa Xesdoc e encargada da supervisión do programa, Carmen Posse Rivera, desprazouse a pasada semana ata o Concello de Narón co fin de formar ós funcionarios que se encargarán desta tarefa. Unha vez concluida esta primeira fase de introducción de datos bibliográficos na rede informática Albalá, o Concello poderá xestionar tódalas tarefas que ata agora se realizan de xeito manual –como a búsqueda de documentos, o control de entrada e saída dos fondos, as follas de remisión de documentos, e mesmo a tramitación de peticións bibliográficas por parte dos usuarios-. O programa Albalá permite tamén a inserción de elementos tales como fotografías, e enlaces con páxinas web de interese relacionadas co tema do documento que se describe. Incluso ofrece a posibilidade de aportar bibliografía de consulta habitual ou especializada. Neste apartado, o Concello de Narón ten pensado dixitalizar os libros de actas municipais para que os usuarios podan consultalos sen ter que hacer uso directo dos orixinais –co cal tamén se protexen estos documentos do paso do tempo-. A instalación deste programa informático se realizará de xeito progresivo, empezando por transformar a información dos libros de actas e expedientes de obras. Estos dous tipos de documentos son os primeiros que se están a dixitalizar dende esta semana no Concello. Segundo recalcou a Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, “a informatización do arquivo municipal permitirá simplificar os trámites á hora de consultar o arquivo, e xestionar de xeito máis sinxelo todo o proceso administrativo”, concluíu.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal