As actividades terán lugar nas Bibliotecas do Alto e A Gándara os días 12, 14, 20 e 27 de Xuño.
Narón, 10 de Xuño de 2008.- A Concellería de Cultura, Ensino e Bibliotecas e o Servizo Sociocomunitario Municipal manteñen aberto durante este mes o programa de animación á lectura "Creabiblio 2008", no que se inclúen exposicións, programas de animación a neolectores, presenza de autores en vivo e audicións musicais.
Durante este mes de Xuño están programadas catro actividades diferentes, que se desenvolverán do seguinte xeito:
-O xoves 12 de Xuño haberá unha animación a neolectores, na Biblioteca de A Gándara, en horario de 17 a 19 horas.
-O sábado 14 de Xuño, está prevista unha audición musical do Grupo de Cámara da Xove Banda de Narón, na Bblioteca municipal do Alto, en horario de 10:30 a 11 horas.
-O venres 20 de Xuño terá lugar outra animación a neolectores, na Biblioteca do Alto, de 19 a 20 horas.
-E finalmente, o venres 27 de Xuño tamén está prevista a animación a neolectores, na Biblioteca do Alto, de 11 a 13 horas.