O vehículo estará hoxe todo o día e mañá pola mañá xunto ao centro de saúde do Alto e desprazarase mañá pola tarde ás inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina
Narón, 19 de abril de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanece hoxe nas inmediacións do centro de saúde do Alto, en horario de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas e mañá estará en horario de mañá nesa mesma ubicación, entre as 9.30 e as 14.30 e pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas, nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina.
As persoas que acudan a doar poderán reservar cita previamente chamando –de balde- ao número de teléfono 900 100 828. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse esperar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.