Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O CONCERTO DE XOEL LÓPEZ E A OBRA "AUTORRETRATO DE UN JOVEN CAPITALISTA ESPAÑOL"
As entradas do concerto de Xoel López están esgotadas e quedan tan só cincuenta dispoñibles para ver o sábado a obra escrita, dirixida e protagonizada por Alberto San Juan
Narón, 19 de abril de 2021. O Pazo da Cultura acollerá este venres, día 23, o concerto de Xoel López, no que presentará “Si mi rayo te alcanzara”, o seu décimo quinto álbum e o cuarto en solitario. O artista galego esgotou as entradas para o seu concerto en Narón, que terá lugar ás 20.30 horas e ao que acudirán 300 persoas, completando así o aforo permitido na actualidade polas autoridades sanitarias no Pazo da Cultura. Con este disco o público terá a oportunidade de escoitar os temas de López e a súa evolución na música dende os comezos, marcando unha nova etapa. O sábado, día 24, terá lugar a representación de “Autorretrato de un joven capitalista español”, escrita, dirixida e protagonizada por Alberto San Juan. O actor meterase na pel dun capitalista que quere preservar por riba de todo a súa fama, as súas propiedades… que ve a crueldade da sociedade e gustaríalle que a situación cambiase pero que non está disposto a perder no intento todo o que ten. As entradas dispoñibles ata completar o aforo –esta mesma mañá quedaban cincuenta- poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal