Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ MAÑÁ A GLORIETA DE FREIXEIRO DE COR AMARELA CON MOTIVO DO DÍA EUROPEO CONTRA A ENDOMETRIOSE
O Consistorio súmase así á petición da asociación querENDO para dar visibilidade a esta doenza
Narón, 13 de marzo de 2023. O Concello iluminará mañá de cor amarela a glorieta de Freixeiro con motivo do Día Europeo contra a Endometriose. O Consistorio súmase con esta iniciativa á petición da Asociación querENDO mulleres con endometriose de dar visibilidade a esta doenza que, segundo indican, afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil. A asociación querENDO constituíuse no ano 2015 e ten entre os seus obxectivos contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa das mulleres afectadas por endometriose e as súas familias, independentemente do grao ou estadío da súa doenza, tal e como aseguran. Dende o colectivo inciden na importancia de diagnosticar a enfermidade en estadios temperáns para evitar afectacións profundas na saúde e calidade de vida das mulleres.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal