Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE A PIÑEIROS CON MOTIVO DO INICIO DAS OBRAS DO BOWL PARA A PRÁCTICA DE SKATEBOARD
Marián Ferreiro destacou o investimento de preto de dous millóns de euros en instalacións deportivas da cidade nos últimos catro anos
Narón, 28 de marzo de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á parroquia de Piñeiros con motivo do inicio das obras dun bowl para a práctica de skateboard. Este novo equipamento enmárcase nun completo proxecto de dotación de zona verde no entorno da rúa Camiño do Peregrino, orzamentado en 432.808 euros e que inclúe un área de esparcemento con arbolado, mobiliario urbán e unha fonte e un espazo para a práctica de parkour, tal e como destacou a rexedora local. A empresa adxudicataria dos traballos comezou onte o movemento de terras para a excavación do foso do bowl, que terá forma de 8 en dous niveis para que o poidan utilizar persoas con diferentes niveis de actividade, tal e como se programou, e que contará con tres caixóns de altura variable para que no interior se formalizen esas alturas de forma diferenciada. Esas alturas, indicou Ferreiro, irán dende os dous metros da máis profunda ata o metro da zona de menor altura interior, tal e como consta no proxecto. “Quixemos apostar por un equipamento novidoso para seguir ampliando os espazos para a práctica deportiva na nosa cidade, neste caso en Piñeiros, nunha zona que nos últimos meses gañou unha nova área peonil e ciclista coa senda que enlaza Freixeiro e Xuvia e na que están proxectados novos investimentos”, subliñou a alcaldesa. Ferreiro avanzou que este proxecto inclúe unha zona reservada para a práctica do parkour que contará con varios elementos prefabricados destinados ao exercicio. Este novo proxecto será unha realidade este mesmo ano, “completando así unha rede de infraestruturas para a práctica deportiva que nos levou a investir uns dous millóns de euros na cidade nos últimos catro anos para habilitar outras actuacións como a pista de lanzamento de Río Seco, acondicionar as instalacións dos clubes de Remo e Piragüismo, construír o campo de fútbol de herba artificial de Río Seco, novos circuítos de calistenia… entre outras actuacións proxectadas como a construción dunha piscina na parroquia do Couto”. A maiores, a alcaldesa avanzou que o Concello solicitou unha subvención dos fondos da FEMP (Next Generation) para a construción dun parque de xogos na parroquia de Piñeiros. “Trátase dun investimento que ronda os 140.000 euros e que permitirá poñer en valor a área estancial colindante co río Freixeiro, nas inmediacións do Lugar da Veiga, cun parque de xogos infantil multiaventura”.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal