Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE PÚBLICO NA "II FEIRA DE ANTIGÜIDADES, COLECCIONISMO E VINTAGE" ORGANIZADA POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN FERRO VELLO
A concelleira de Feiras, Mar Gómez, destacou a gran variedade de produtos que trouxeron os anticuarios e anticuarias
Narón, 10 de setembro de 2023. A segunda edición da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage foi todo un éxito de público. Así o asegurou a concelleira de Feiras, Mar Gómez, e tamén representantes da Asociación Ferro Vello, que colaborou co Concello na organización deste evento. Unha trintena de anticuarios participaron nesta edición, iniciada onte e que continuou hoxe durante todo o día no pavillón da Mocidade, na Gándara. As persoas que se achegaron ás citadas instalacións municipais tiveron a oportunidade de ver e adquirir diferentes artículos, como artesanía, mobiliario, discos, ferramenta, moedas e selos antigos, elementos de decoración, aparellos de labranza, selas, pranchas antigas, potes… e moitos outros produtos. Dende a Asociación Ferro Vello aseguraron que “as persoas que participaron están moi satisfeitas con esta feira, polo ambiente destes dous días, e xa manifestaron a súa intención de acudir nunha vindeira edición”. Así mesmo, agradeceron “a implicación e o apoio do Concello” como organizador da convocatoria xunto coa entidade. Pola súa banda, a concelleira de Feiras destacou tamén o labor da asociación Ferro Vello “que ao igual que na anterior edición, a primeira, axudou ao Concello a consolidar esta convocatoria, que novamente tivo unha excelente acollida entre as veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos que se achegaron ao evento”. Gómez agradeceu tamén “o feito de que os anticuarios e anticuarias que viñeron, a gran maioría por segunda ocasión, trouxeron unha gran variedade de artículos para vender, o que fai que esta feira conte cun maior atractivo entre aquelas persoas que queiran mercar pezas nalgúns casos únicas”. A edil naronesa avanzou que “á vista do éxito desta convocatoria, traballaremos xa na terceira edición, que probablemente se celebrará nos primeiros meses do vindeiro ano, antes da primavera”.

<<< Febreiro 2024 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29  
Eventos do Concello
naron.gal