Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E O CINECLUBE SERIE B RETOMAN ESTE MÉRCORES O CICLO DE CINE COA PROXECCIÓN DE "FREAKS"
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, presentou esta mañá xunto con Alberto Pena e Anabel Valera, presidente e secretaria respectivamente do Cineclube Serie B
Narón, 18 de setembro de 2023. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, presentou esta mañá xunto con Alberto Pena e Anabel Valera, presidente e secretaria respectivamente do Cineclube Serie B, unha nova edición do ciclo “Cine eterno”, que dará comezo este mesmo mércores no Pazo da Cultura. Dende esta semana e ata finais de outubro proyectaranse un total de seis películas, todas en horario de tarde, ás 20.00, e con entrada de balde, tal e como avanzou Ferreiro. A primeira das prospostas, para este mércores día 20, é “Freaks”, un filme dirixido por Tod Browling, do ano 1932, e que chegou a ser retirada das pantallas durante trinta anos. Un esqueleto humán, unha muller barbuda, outra sen brazos, dúas siamesas, unha intersexual, un home sen pernas… forman parte dos personaxes do filme, que gañou un posto na historia da sétima arte como unha das mellores películas de culto de todos os tempos, pese ao seu complicado lanzamento. Na xornada do 27 deste mes poderase ver “Bienvenido Mr. Marshall”, de Luis García Berlanga (1953), unha película ambientada nos anos 50 nun pequeno municipio de castela moi tranquilo, Villar del Río, ata que o alcalde recibe a noticia de que chegará unha representación do comité do Plan Marshall. A través do xénero da comedia realízase unha crítica á sociedade da época. No mes de outubro a primeira das proxeccións, o día 4, será “El apartamento”, dirixida por Billy Wilder (1960). Un empleado dunha compañía de Manhattan, solteiro, presta en ocasións o apartamento no que reside aos seus superiores para as súas citas amorosas, coa esperanza de que eles lle correspondan para mellorar a súa situación laboral. Unha muller, amante dun dos xefes, fará cambiar a situación dun xeito radical. O ciclo continuará o día 11, cando se proxectará “El golpe”, de George Roy (1973), protagonizada por dous timadores que queren vengar a morte dun amigo, asesinado por un gángster. Os enganos estarán moi presentes nesta historia, ambientada en Jolliet, (Illinois) no ano 1936. “La vida de Bryan”, de Terry Jones (1979) é a terceira longametraxe do grupo de comedia inglés Monty Python. Un xudío de nome Bryan e nacido o mesmo día que Xesucristo é o protagonista deste filme, que levará unha vida paralela ao do verdadeiro fillo de Deus a través un cúmulo de equívocos, entre os que está a súa confusión cun mesías por parte do pobo. A película poderase ver o 18 de outubro no Pazo. A última proposta do ciclo será o 25 de outubro, co filme “Lost in translation”, de Sofía Coppola (2003). Un actor norteamericano en decadencia, Bob Harris, acepta unha oferta de traballo e coñece a unha muller no hotel no que pasa parte do seu tempo libre. As vidas baleiras dos dous levaráos a facerse amigos e pasar tempo xuntos, preguntándose se esa amizade pode chegar a algo máis. Alberto Pena explicou que se trata dun ciclo “con películas que calaron no imaxinario colectivo, de diferentes épocas e xéneros, e que merece a pena volver a ver na gran pantalla”. O presidente do Cineclube Serie B animou á cidadanía a acudir a ver estas películas a través do ciclo, impulsado pola entidade xunto co Padroado da Cultura e en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia. Pola súa banda, a alcaldesa da cidade convidou tamén ás veciñas e veciños a este ciclo, “que supón unha nova oportunidade para poder desfrutar da sétima arte na nosa cidade, de balde, e cunha serie de propostas moi variadas”. Ferreiro destacou “o labor do Cineclube Serie B, unha entidade que leva varios anos traballando por impulsar e difundir cine de calidade en Narón e coa que é un orgullo poder colaborar unha vez máis”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal