Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRIMEIROS TRABALLOS NO COUTO PARA A CONSTRUCIÓN DA PISCINA DE VERÁN PROXECTADA NA PARROQUIA
O edil de Obras, Pablo Mauriz, recordou que se trata dun investimento de preto de 660.000 euros para habilitar unha piscina principal, outra infantil e unha zona de praia exterior
Narón, 22 de setembro de 2023. Operarios da empresa adxudicataria da nova piscina do Couto realizan estes días os traballos iniciais para a materialización deste proxecto, coa demitación da zona e o acopio de material. As instalacións suporán un desembolso de 657.937 euros, unha contía con cargo á que se habilitarán a piscina principal, outra infantil e unha zona de praia exterior, ocupando en total unha superficie que ronda os 500 metros cadrados, tal e como recordou o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz. As novas instalacións estarán operativas o vindeiro verán nas inmediacións do centro cívico social do Couto, nun recinto de titularidade municipal xunto á área recreativa, o local social e unhas pistas polideportivas localizadas na zona. O proxecto, tal e como recordou Mauriz, aposta pola integración das novas instalacións nese entorno, plantexándose un edificio cuberto para vestiarios, almacéns e cuartos de instalacións pero non pechado por completo para o seu uso na tempada estival. Na planta baixa ubicaranse dous vestiarios, cafetería, sala de instalacións de piscinas, sala de primeiros auxilios, dous almacéns e cuarto de instalacións xeral e na planta de cuberta o vaso da piscina principal, o da infantil e unha zona de praia exterior. O concelleiro de Obras destacou que “as novas instalacións permitirán dotar a esta parroquia da cidade dun novo servizo pensado para desfrute de persoas de todas as idades”. Así mesmo, Mauriz destacou a importancia de “desenvolver nas parroquias proxectos que nos permitan diversificar como neste caso a oferta deportiva da cidade, complementando outros xa operativos e ao mesmo tempo dinamizando o núcleo rural”. O edil apuntou que o proxecto ten un prazo de execución de nove meses, “o que suporá que as veciñas e veciños de Narón, e tamén doutros concellos, dispoñan o vindeiro verán dunhas novas e completas instalacións nas que desfrutar do seu tempo de lecer”.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal