Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A CONFERENCIA "INFLÚE A IDADE NA SAÚDE MENTAL?", A CARGO DA PSICÓLOGA ANNA FREIXAS
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, incidiu en que aínda que está pensada para persoas coidadoras está aberta á cidadanía en xeral
Narón, 26 de setembro de 2023. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, anunciou o inicio, o vindeiro mes de outubro, das actividades do programa municipal Cóidate. A edil naronesa explicou que se trata dun programa “encamiñado a previr o deterioro da saúde mental e o aumento da depresión e outras doenzas na poboación de Narón”, incidindo en que se dirixe especialmente ás persoas coidadoras. As actividades deseñadas consistirán en dúas conferencias, unha no mes de outubro e outra no mes de novembro, e a realización dunha campaña de sensibilización en decembro, unha vez rematado o programa. María Lorenzo avanzou que a primeira das conferencias terá lugar o vindeiro 7 de outubro ás 11.00 horas, nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, e correrá a cargo da escritora, feminista e profesora de universidade xubilada –doutorada en Psicoloxía- Anna Freixas. “Inflúe a idade na saúde mental?” é o título desta primeira convocatoria, sobre a que se pode solicitar información a través do número de teléfono 644 747 889 ou do correo electrónico: info@paula-paz.com. A concelleira naronesa recordou que aínda que se trata dunha temática pensada para un colectivo específico, o das persoas coidadoras, pode acudir a estas actividades calquera persoa que o desexe.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal