Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ E O MÉRCORES NA CIDADE
A unidade estará ubicada nas inmediacións do novo centro de saúde en horario de tarde durante as dúas xornadas
Narón, 20 de novembro de 2023. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase mañá e o mércores á cidade. A unidade estará operativa estas dúas xornadas nas inmediacións do novo centro de saúde, dende as 15.30 ata as 21.00 horas, tal e como anunciaron dende ADOS. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos. Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal