Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUBVENCIONARÁ A PROMOCIÓN DO COMEDOR ESCOLAR DE ALMORZOS Á ANPA AS ACEAS, DO COLEXIO DE PIÑEIROS
Na sesión plenaria aprobouse tamén de xeito inicial o inventario de vías da cidade
Narón, 30 de novembro de 2023. O Concello acolleu esta tarde, ás 19:00 horas, a celebración do pleno ordinario de finais de mes, no que se deu conta dunha resolución de Alcaldía, para aprobar unha modificación do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello para o trienio 2021-2023. Con cargo a esta contía incorporarase unha subvención municipal para a promoción do comedor escolar de almorzos á ANPA As Aceas, do colexio de Piñeiros. “Esta acción supón un paso máis nas políticas do goberno local para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ás veciñas e veciños de Narón”, indicou tras rematar o pleno o voceiro de TEGA, Román Romero. O edil explicou ademais que, tal e como consta no acordo, esta iniciativa contribuirá a mellorar a saúde infantil entre os menores de 3 a 12 anos no período matutino, creando hábitos de hixiene buco-dental, de inxesta de menús de almorzos equilibrados e fomentando habilidades relacionais por medio de xogos cooperativos. No transcurso da sesión aprobouse de xeito inicial o inventario de vías da cidade, co fin de actualizar o existente e dispor dun documento administrativo que xestione a mellora da mobilidade local, conservación e promoción do patrimonio cultural e ofreza unha seguridade xurídica á veciñanza de cara ás delimitacións, tal e como se fixo constar na convocatoria. Este inventario estará próximamente dispoñible de xeito telemático no xeoportal corporativo de Narón. Como paso previo, o documento exporase ao público no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña para que durante 30 días se poidan presentar posibles reclamacións, e antes de sometelo a aprobación definitiva. Na sesión deuse conta dunha resolución de Alcaldía que contempla a ampliación da vixencia da aplicación da disposición transitoria segunda da ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalería. Outro dos puntos da orde do día aprobados foi a modificación de integrantes no Consello Sectorial de Igualdade, concretamente pasado a formar parte do mesmo Marta Grandal, como membro da Asociación para o Desenvolvemento Cultural e Económico Xebra. No apartado de mocións aprobouse por unanimidade a presentada polo BNG para a ampliación dos vestiarios de Río Seco e a creación dun proxecto xeral de mellora das instalacións, que o goberno local xa ten encargado, e outra sobre o arranxo das deficiencias do bowl de Piñeiros, para que a empresa adxudicataria das obras proceda a reparalas. O PSdeG-PSOE presentou tamén unha moción para modificar a ordenanza xeral de subvencións do Concello, que respaldaron PP e BNG. Pola súa banda, o PP presentou unha moción para a mellora de aparcadoiros de proximidade na contorna das vivendas do Bispo que non se aprobou e outra con motivo da interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de ordenación integrada do litoral, aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado mes de xullo que saíu adiante no pleno.

<<< Febreiro 2024 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29  
Eventos do Concello
naron.gal