Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SORTEARÁ CESTAS DE NADAL, VALES DE COMPRA E ENTRADAS AO PARQUE WARNER BROS NA "CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE NARÓN"
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou esta mañá xunto con Susana Oreona, secretaria da Asociación de Comerciantes de Narón, unha nova edición desta iniciativa municipal
Narón, 5 de decembro de 2023. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou esta mañá xunto con Susana Oreona, secretaria da Asociación de Comerciantes de Narón, unha nova edición da “Campaña de Nadal do Comercio de Narón”. A edil naronesa explicou que o pasado venres comezou a informarse aos comercios locais sobre esta campaña, que se inicia hoxe e rematará o vindeiro 31 de decembro. “Un ano máis queremos apostar polo comercio de proximidade, animar ás veciñas e veciños de Narón e de fóra a que fagan as súas compras no comercio local, cunha oferta moi variada e un trato persoalizado”, apuntou a edil. Ameneiro avanzou que a clientela poderá optar a unha gran variedade de agasallos, que se sortearán entre todas aquelas persoas que depositen as papeletas cos seus datos persoais –nome e apelidos e un teléfono de contacto- nas urnas que se ubicarán en cada un dos establecementos adheridos á campaña, que estarán debidamente sinalizados. En cada un destes establecementos entregaranse as papeletas por unha compra que acade un importe mínimo previamente establecido por cada comercio. Con elas optarase a diversos premios: catro cestas con produtos de Nadal; tres vales de compra, por importe de 1.000, 600 e 400 euros, respectivamente; e entradas ao parque da Warner Bros en Madrid para dúas persoas, incluíndo o aloxamento nun hotel concertado e con almorzo. Cada semana, durante a vixencia da campaña, elixirase por sorteo público un comercio ao que se achegará persoal da organización para sortear cada unha das cestas de Nadal. Tanto estes premios como os restantes comunicaranse telefónicamente á persoa agraciada e as entregas levaranse a cabo no Concello de Narón. Pola súa banda, Susana Oreona amosou a súa satisfacción por esta nova campaña e destacou o feito de que se engada o agasallo das entradas á Warner Bros, “un premio moi familiar, para desfrutar coas nenas e nenos e que sempre deixará un bo recordo”. A edil naronesa recordou que a adhesión á campaña permanecerá aberta durante a vixencia da mesma, podendo facelo os comerciantes locais a través da web: www.comerciodenaron.com, a través do mail: nadal2023@eventi.es ou por whatshapp nos números de teléfono 613 138 107 ou 607 391 660. Para poder participar os comercios deben ter localización física en Narón, colocar nun lugar visible o cartaz da campaña e cumprir as bases da mesma. “Quero agradecer a colaboración da Asociación de Comerciantes de Narón, fundamental para que un ano máis poidamos levar a cabo esta campaña, e por suposto animar á xente a que acuda a realizar as súas compras no comercio local”, subliñou a concelleira de Promoción Económica.

<<< Febreiro 2024 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29  
Eventos do Concello
naron.gal