Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO "COMUNICANDO EN IGUALDADE" IMPULSADO DENDE A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN DE NARÓN
A edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, indicou que a convocatoria se levará a cabo o vindeiro 14 de decembro
Narón, 5 de decembro de 2023. O Concello abre o prazo de inscrición nun novo curso convocado a través da Escola de Participación Cidadá de Narón. Así o anunciou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, que explicou que se trata da proposta “Comunicando en igualdade”, unha acción formativa de nivel básico de igualdade, comunicación e linguaxe non sexista. A iniciativa, tal e como indicou a edil, terá lugar o vindeiro 14 de decembro, de 18:00 a 20:00 horas nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. “Este curso diríxese a entidades do concello interesadas en adquirir unha serie de ferramentas que lles permitan empregar unha linguaxe inclusiva na súa comunicación, tanto nas redes sociais como nos documentos oficiais”, apuntou Ameneiro. A formación enmárcase no Plan de Igualdade municipal, no que se recolle como unha das liñas de acción o asesoramento ás entidades asociativas para a incorporación dunha linguaxe e imaxe igualitaria na súa comunicación interna e externa. As persoas interesadas en inscribirse, de balde, poden facelo a través da Escola de Participación Cidadá, no teléfono 603 86 54 13 ou a través do correo escolaparticipacion@naron.gal ou accede directamente ao formulario en i.gal/Escolaenigualdade.

<<< Febreiro 2024 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29  
Eventos do Concello
naron.gal