Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA COPRESIDIU HOXE COA SUBDELEGADA DO GOBERNO EN GALICIA A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE
Marián Ferreiro e María Rivas agradeceron o traballo da Policía Nacional e Local e incidiron no compromiso das administracións que representan para continuar traballando na mesma liña
Narón, 1 de decembro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, copresidiu coa subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, a reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada no Concello. Á convocatoria acudiron tamén o secretario xeral do Concello, Alfonso de Prado; a vicesecretaria xeral da delegación do Goberno en Galicia, Eva Vázquez; o comisario provincial da Policía Nacional da Coruña, Fernando J. Martínez; o comisario da Policía Nacional de Ferrol-Narón, Javier de Loresecha; o inspector xefe da brigada da Policía xudicial da Comisaría Ferrol-Narón, Salvador Campoy o inspector xefe da brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría de Ferrol-Narón, Mario Pernas, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita; o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, os voceiros do PP, Germán Castrillón e BNG, Olaia Ledo, e o concelleiro do PSOE, Jorge Ulla. No transcurso da convocatoria a rexedora local agradeceu o esforzo e o traballo diario realizado tanto dende a Policía Nacional como a Policía Local por coordinar as súas funcións en aras de velar pola seguridade cidadá. Os integrantes da Xunta Local de Seguridade escoitaron os datos ofrecidos polos responsables da Policía Nacional sobre as intervencións realizadas en diversos ámbitos e tamén pola Policía Local de Narón. Así mesmo, valorouse o feito de que se incrementase o contacto ca cidadanía a través das charlas que imparten axentes da Policía Nacional, dirixidas e adaptadas en contidos tanto a escolares como a persoas maiores. Temas como o acoso escolar, a violencia de xénero e internet son os que se abordan con maior fincapé entre o colectivo, se ben tamén se fala das estafas que se suceden a través das redes, mailing… Ferreiro e a subdelegada do Goberno en Galicia incidiron no total compromiso das administracións que representan para continuar traballando na mesma liña.

<<< Febreiro 2024 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29  
Eventos do Concello
naron.gal