A compañía aportará material para realizar actividades dentro do programa de educación vial escolar.
Narón, 20 de Abril de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o representante da empresa Neumáticos Soledad, Luis Barrio Casas, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Educación Vial. Por parte do Concello tamén asistiron Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, responsables do equipo de Educación Vial de Narón.
Este acordo ten unha vixencia plurianual (vixente nos anos 2015 e 2016) e non ten dotación económica. A empresa Neumáticos Soledad se compromete a dotar ó Concello de material para a realización de diversas actividades relacionadas coa Educación Vial. O Concello, pola súa parte, colocará o logotipo desta empresa nestas actividades e fará partícipe á empresa das mesmas.