A CONCELLEIRA DE MOCIDADE SOLICITA UNHA ENTREVISTA CO DIRECTOR XERAL DE XUVENTUDE, RUBÉN CELA
O obxectivo é o de acadar máis apoio para o seu programa de actividades.
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia ven de conceder á Concellería de Mocidade unha subvención de 6.422€, dentro do marco das axudas destinadas ás Entidades Locais de Galicia para promover actividades dirixidas á xuventude. Esta subvención foi solicitada ao abeiro da Orde do 31 de marzo de 2008 para impulsar o seu programa, presupostado en 90.100€.
Aínda que a cantidade da subvención alónxase moito das pretensións municipais, dende a Concellería de Mocidade, se está a traballar para que a xuventude de Narón teña os máximos recursos e actividades posibles. Por este motivo, a Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida Rico, solicita unha entrevista co Director Xeral de Xuventude e Solidaridade, Rubén Cela, co fin de acadar más apoio para o programa de mocidade do Concello de Narón. E anuncia que “tomaranse todas as medidas precisas para que este feito repercuta o menos posible na mocidade naronesa”.