O DÍA 7 DE ABRIL REMATA O PRAZO DE SOLICITUD PARA PARTICIPAR NAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE CONVOCADAS POLA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
O Concello ten previsto levar a cabo en maio/xuño unha acción formativa de Preparación de Competencias Clave nivel 2 na que requerirá, preferentemente, xustificación de ter solicitado participación en ditas probas de avaliación
Narón, 31 de marzo de 2021. O Concello de Narón ten previsto levar a cabo nos vindeiros meses de maio/xuño unha acción formativa de Preparación de Competencias Clave nivel 2 cunha duración de 60 horas lectivas. Para acceder a esta formación o Concello requerirá, preferentemente, a xustificación de ter solicitado a participación nas probas de Competencias Clave (DOG nº 44 do venres 5 de marzo de 2021), polo que lembramos ás persoas interesadas que o prazo de solicitude remata o vindeiro 7 de abril. As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Emprego e Igualdade (https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html).
Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.