UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NAS INMEDIACIÓNS DA COOPERATIVA DO VAL
O persoal da unidade móbil estará operativo en horario de 9.30 a 14.30, tal e como indicaron dende a Axencia de Diazón de Órganos e Sangue
Narón, 7 de novembro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá mañá ubicada nas inmediacións da cooperativa do Val en horario de 9.30 a 14.30. As persoas que acudan a doar poderán reservar cita previamente chamando –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.