FIRMA DO CRÉDITO PARA REALIZAR AS INVERSIÓNS PREVISTAS NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO 2011
O Alcalde asinou hoxe o préstamo, e anunciou o inicio inminente das obras.
Narón, 2 de Marzo de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, firmou hoxe o crédito municipal do ano 2011, contemplado nos Orzamentos do Concello para esta anualidade, a través dos cales se realizarán inversións en diferentes obras.
A cantidade do préstamo, firmado coa entidade bancaria BBVA, ascende a 1.550.000 euros, que se amortizarán no prazo de 12 anos, cun Euribor trimestral máis o 2%, e sin comisións de apertura nin disponibilidade. Ademáis, a entidade bancaria ofrece un ano de carencia do capital.
As inversións contempladas nos Orzamentos Municipais do 2011 ascenden en conxunto a 2.663.605€, dos cales 1.550.000€ se aportarán con cargo ó préstamo asinado hoxe, e 1.113.604€ con financiación allea (doutras administracións, coma Deputación de A Coruña, Costa Artabra, Xunta de Galicia, e AGADER).
O Alcalde de Narón anunciou, logo de firmar o préstamo, o inicio inminente da contratación das obras para as cales se solicitou o crédito. Así, proximamente se procederá a contratar a relación de proxectos que se executarán neste ano.
O listado completo de actuacións é o seguinte:
-Compra de maquinaria, útiles de traballo, e dispositivos GPS para o PEMU (Plan de Emerxencia Municipal).
- Merca de Terreos.
-Estudios e traballos complexos.
-Plan Xeral de Urbanismo- anualidade 2011 (cofinanciado entre Xunta e Concello).
-Construcción do Centro de limpeza e desinfección de vehículos de Gando na Feira do Trece (cofinanciado entre Agader e o Concello).
-Rehabilitación do Muiño de Xuvia-fase 1.
-Plan de Obras e Servicios –POS- (Deputación e Concello).
-Marquesinas.
-Entronque de rúas: Tuy-rúa de nova apertura; Fene-Estrada da Gándara
-Enlace avenida A Solaina con Rúa Bon Xesús.
-Pavimentación do Cruce de A Solaina.
-Urbanización das rúas Martínez de la Rosa, e Bon Xesús.
-Pavimentación das rúas Linares Rivas, e Hermandade.
-Diversas pavimentacións.
-Diversos alumeados.
-Senda litoral Ferrol-Narón- Valdoviño (cofinanciado por Costa Artabra, e os tres concellos).
-Liquidación ordenación Praza do Alto do Castiñeiro.
-Reposición de parques.
-Compra de desfibriladores.
-Alumeado do Campo do Cadaval.
-Aglomerado da Pista Polideportiva de A Solaina.
-Compra de material deportivo.
-Equipos de proceso de datos.
-Programas informáticos.