ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO ESCOLAR 'A AUGA, O LUXO MÁIS TRANSPARENTE'
Foi promovido pola empresa mixta de augas COSMA, con motivo do Día Mundial da Auga.
Narón, 28 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, entregou hoxe os premios correspondentes á 4ª edición do Concurso de Debuxo Infantil, promovido pola empresa mixta de augas COSMA con motivo do Dia Mundial da Auga, celebrado o pasado 22 de marzo. No acto tamén participaron o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, e o Xerente da empresa COSMA, Jose Manuel Marcote. En total, participaron 278 nenos/as de Educación Primaria de 7 colexios de Narón , e a relación de gañadores foi a seguinte:
Categoría de 3º e 4º de Educación Primaria
GAÑADOR: IAGO CASTRO LUACES
FINALISTA: BRUNO MARTÍN GOTI GARCÍA
FINALISTA: SARA ÁLVAREZ PARDO
Categoría de 5º e 6º de Educación Primaria
GAÑADOR: ELOY LAGO GRAÑA
FINALISTA: PAULA REY GUTIÉRREZ
FINALISTA: PATRICIA PREGO DACUÑA
Premio ó mellor debuxo colectivo de 3º e 4º de Primaria
CLASE GAÑADORA: 4ºA COLEXIO SANTIAGO APOSTOL
Premio ó mellor debuxo colectivo de 4º e 5º de Primaria
CLASE GAÑADORA: 6º CEIP PONTE DE XUBIA
Os premios consistiron en dous bicicletas de montaña ós gañadores na categoría individual, un maletín de pintura ós finalistas e un un lote de material educativo ós colexios. O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, valorou positivamente a alta participación nesta cuarta edición do Concurso de Debuxo Infantil, que se incrementou nun 47% respecto ó ano anterior. O Concello de Narón e a empresa mixta COSMA, encargada do suministro de auga no municipio, continuarán desenvolvendo iniciativas coma esta, para promover o sentido da responsabilidade social no uso da auga, a través dos máis novos.