SINATURA DE TRES CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS DE NARÓN POR IMPORTE CONXUNTO DE 71.000 EUROS
O Alcalde firmou os acordos coa Agrupación Deportiva Náutico de Narón, o Club Cidade de Narón de Fútbol Sala, e o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón.
Narón, 27 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración en materia deportiva coas seguintes entidades deportivas naronesas:
-Agrupación Deportiva Náutico de Narón (acudíu a súa presidenta, Mª José Suárez Sabín). Importe do convenio: 14.000 €.
-Club Cidade de Narón de Fútbol Sala (acudíu o seu presidente, Miguel Angel Rodríguez Aneiros). Importe do convenio: 50.000 €.
-Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (acudíu o seu presidente, Fernando Montero Bellas). Importe do convenio: 7.000 €.
O rexedor destacou a importancia de continuar apoiando ó deporte base dende a administración local, a pesares do difícil momento económico que estase a vivir en todo o país. “Dende o Concello de Narón seguimos e seguiremos apostando pola colaboración coas entidades deportivas, a pesares do enorme esforzo económico que temos que facer nas circunstancias actuais”, declarou José Manuel Blanco.