A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO CHEGA ÓS 15.000 SOCIOS E DISTINGUE A DEZ PERSOAS COMO 'USUARIOS DE HONRA 2014'
O Alcalde e a Concelleira de Bibliotecas entregáronlles un diploma conmemorativo e un lote de agasallos institucionais de Narón.
Narón, 8 de Febreiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, ofreceron hoxe unha recepción ó socio número 15.000 da Biblioteca Municipal do Alto. Trátase de Salvador Fernández Fernández, veciño de Xuvia, e usuario destas instalacións dende o pasado 31 de xaneiro de 2014.
Ademáis, hoxe foron distinguidos dez “Usuarios de honra 2014”:
Os Usuarios de Honra 2014 adultos son:
Carmen Castro Vales
Iván Paulo Valente Lorenzo
Manuela Solla Díez
Esperanza Porta Rodríguez
Jorge Marcos González Baamonde
Os Usuarios de Honra infantís (menores de 14 anos) son:
Miguel Rodríguez Collado
Álvaro Pita Canosa
Juan Romero Durán
Anxo Garrote Pereira
Alicia Garrote Pereira
A categoría de “Usuarios de honra 2014” foi concecida a cinco persoas adultas e cinco nenos/as que durante o ano 2013 tiveron unha especial vinculación coa Biblioteca Municipal do Alto, participando de maneira activa nos seus servizos e actividades.
No caso dos usuarios infantís, son nenos e nenas que ademáis de levar moitos libros e outros documentos en préstamo, participaron en contacontos e obradoiros que leváronse a cabo durante o ano 2013.
No caso das persoas adultas son tamén usuarios/as activos do préstamo e outros servizos coma a sala de lectura e a aula de informática. Algúns deles incluso fixeron suxerencias de compra de materiais bibliográficos.
En total, os usuarios de honra adultos retiraron entre 90 e 150 libros en préstamo ó longo do ano, e os usuarios de honra infantís entre 55 e 140 exemplares.
AS CIFRAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL NO ANO 2013
Préstamos efectuados:
Monografrías: 31965 volumes.
Documentos sonoros: 155 volumes.
Documentos audiovisuais: 639 volumes.
Documentos electrónicos: 145
Total: 32904 documentos
Media de préstamos/día: 116,68
Usuarios:
Número de novas altas:
Durante 2013 déronse de alta como usuarios da biblioteca 522 novas persoas, das cales:
458 viven en Narón (87,74%)
64 viven noutros concellos (12,26%)
Principalmente en Ferrol, Neda e Valdoviño.
510 déronse de alta na Biblioteca Central (97,70%)
12 déronse de alta nas bibliotecas filiais (2,30%)
299 son mulleres (57,27%)
223 son homes (42,73 %)
Visitas á Biblioteca:
Mulleres menores de 14 anos: 6863
Homes menores de 14 anos: 6947
Mulleres adultas: 27353
Homes adultos: 23876
Total visitas: 65039
Media de visitas ao día: 230,63
Actividades:
Exposicións bibliográficas temáticas:
• Día do pai.
• Día da nai.
• Día da Familia.
• O verán.
• O Nadal.
Exposicións bibliográficas biográficas:
• Hans Christian Andersen (no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil).
• José Luis Sampedro (homenaxe no seu pasamento).
• Antonio Muñoz Molina (Premio Príncipe de Asturias das Letras).
• Manuel Álvarez Torneiro (Premio Nacional de Poesía 2013).
• Clara Sánchez (Premio Planeta de Novela 2013).
• Nelson Mandela (homenaxe no seu pasamento).
Exposicións Artes (manualidades, pintura, fotografía…)
Exposición de manualidades da A.VV. de Doso.
Exposición de manualidades da A.VV. da Gándara.
Mostra fotográfica “10 anos de biblioteca”.
Exposición de pintura do alumnado de Piñeiros da mestra Begoña Gorostidi.
Exposición de manualidades do alumnado de Piñeiros da mestra Begoña Gorostidi.
Exposición “Coidando o noso mar”, cedida polo CEIDA.
Exposición “Maquila Boutique” da ONG Implicadas no desenvolvemento.
Exposición de pintura “O ciclo da vida” da Asociación Cultural Tartares.
Exposición fotográfica das actividades realizadas en 2013.
Presentación de libros (2)
• Esto no es una fábrica de sonrisas, de Paula Merlán.
• Homiños, de Mario Caneiro
Contacontos infantil: 19 sesións
Visitas guiadas: 624 persoas pasaron pola biblioteca
*Novidades do ano 2013:
-I Mostra do libro usado e de segunda man, na semana anterior ao Día do Libro
-Dúas xornadas de Bookcrossing.
Outras actividades realizadas:
Audicións musicais.
Xuntanzas do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias (SOLF)