O Boletín oficial da provincia nº 192 do 21 de agosto publica o anuncio de licitación do contrato das obras de construcción dunha piscina recreativa no Pavillón polideportivo municipal de A Gándara.
Tal e como aparecía reflectido nesta páxina web municipal o Concello naronés afronta a construcción dunha piscina recreativa e terapéutica nesa importante instalación deportiva local.
O importe desa actuación fíxase nunha cuantía de 195.933,94 euros, debendo presentar os licitadores fianza provisional por importe do 2 % dese tipo de licitación, isto é, 3.918,67 euros.
O prazo para presentar ofertas é de vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no BOP, debendo ostentar os ofertantes a clasificación recollida no propio anuncio.
Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexirán a contratación se atopan a disposición dos licitadores no departamento de contratación do Concello de Narón, na 5ª planta da casa consistorial.