O CONCELLO DE NARÓN GARDA UN MINUTO DE SILENCIO EN REPULSA POLO RECENTE ASASINATO DUNHA MULLER A MANS DA SÚA PARELLA EN FOZ (LUGO)
Narón, 28 de Abril de 2014.- Representantes políticos municipais do Concello de Narón (encabezados polo Alcalde, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio) e funcionarios municipais saíron hoxe á Praza de Galicia para gardar un minuto de silencio en sinal de repulsa pola morte violenta dunha muller o pasado día 24 de abril, presuntamente asasinada pola súa parella.
Tamén participaron nesta concentración silenciosa a Concelleira de Acción Social, Catalina García, o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, e o Concelleiro de Patrimonio e Transporte Público, Mario Isasi.