Consulte aquí a programación de actividades previstas do 26 de decembro ó 4 de xaneiro.
Narón, 21 de Decembro de 2009.- A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez Casal, presentou hoxe en rolda de prensa a Programación de Festas de Nadal, que dispón dun orzamento de 55.000 euros. A edila explicou que dende o Concello tense programadas actividades para tódolos públicos –nenos/as, mozos e mozas, e persoas maiores- de carácter gratuito, e que se celebrarán na Praza de Galicia.
A programación de Festas contempla tres eventos diferenciados: os festivais infantís (do 26 ó 30 de decembro, e do 2 ó 4 de xaneiro), a festa da noite de fin de ano, e o recibimento ós Reis Magos (o 4 de xaneiro).
PROGRAMACION DAS FESTAS:
Dia 26 de decembro: de 16 a 19 horas, festa infantil con atraccións inchables
Dia 27 de decembro: de 16 a 19 horas, festa infantil con xogos e animadores, e cine infantil con capacidade para 200 nenos/as –sentados- e con calefacción baixo carpa.
Dia 28 de decembro: de 16 a 19 horas, festa infantil con inchables e karaoke.
Dia 29 de decembro: de 16 a 19 horas, cine infantil e atraccións.
Dia 30 de decembro: de 16 a 19 horas, festival infantil co grupo Diver Show.
Dia 31 de decembro: celebración da Noite de fin de Ano. Instalación dunha carpa climatizada de 1.200 m2 de superficie, con capacidade para 300 cadeiras, con entrada á mesma de balde. Actuación das orquestras Filadelphia e Montes.
Dia 2 de xaneiro: de 16 a 19 horas, karaoke infantil e cine
Dia 3 de xaneiro: de 16 a 19 horas, obradoiros de malabares e manualidades, maquillaxes e globoflexia.
Dia 4 de xaneiro: ás 17 horas, recibimento ás súas maxestades Os Reis Magos de Oriente. Haberá atraccións inchables, e reparto de caramelos.
Ademáis, durante tódolos días de festa a ong LENA disporá dun posto de venda de agasallos artesáns. A Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez, animou a tódolos veciños e veciñas de Narón e bisbarra a participar nestos festexos, abertos á cidadanía en xeral.