Entregáronse un total de 54 títulos dos cursos de Cultura Básica, Organización e xestión familiar, e Confección.
Narón, 29 de xuño de 2010.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada, entregou onte os diplomas correspondentes a tres cursos de formación desenvolvidos polo Concello, que son os seguintes: Cultura Básica, Organización e xestión familiar, e Confección. En total foron entregados 54 diplomas acreditativos ás mulleres que participaron nestos cursos.
A Concelleira de Igualdade destacou a importancia da formación para acceder a un posto de traballo e valorou a alta participación nestos cursos. O de Cultura Básica -organizado en colaboración coa asociación Secretariado Gitano- ensinou a adquirir ou actualizar formación ás súas participantes; o curso de Organización e xestión familiar permitíu ás beneficiarias aprender unha serie de habilidades para aplicar nos ámbitos social e familiar; e por último, o curso de Confección permitíu ás mulleres aprender unha habilidade que pode resultar moi importante á hora de atopar un traballo e mesmo para mellorar a economía doméstica.