Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SÚMASE Á OPERACIÓN QUILO ORGANIZADA POLO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, presentou a iniciativa xunto con Rosendo Anidos, directivo do CRS
Narón, 22 de outubro de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, informou que o Concello se sumará de novo á Operación quilo impulsada a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón. Coa finalidade de poder axudar ás familias que atenden ao longo do ano instalarase un colector na entrada principal do Concello, onde permanecerá este xoves e venres, co fin de que as persoas que poidan colaboren coa causa, tal e como indicaron hoxe María Lorenzo e Rosendo Anidos, directivo da entidade. A edil naronesa recordou que se precisan produtos como leite enteira, aceite, galletas, garavanzos, fariña, azucre, pasta, lentellas cacao, conservas de todo tipo, e tamén cueiros, produtos de hixiene persoal e de limpeza no fogar. “Trátase de produtos de primeira necesidade que se precisan para poder atender ás familias máis vulnerables que se atenden dende o Centro de Recursos Solidarios”, explicou a edil. A campaña, tal e como indicaron dende o Centro, continuará o venres e o sábado desta semana en varios puntos de recollida: a cooperativa do Val -nas instalacións do Val e de Xuvia-, o Eroski da Gándara, o Centro Comercial Narón, o Gadis da estrada de Cedeira, e os establecementos Lidl do Boial e da Gándara. Dende o Concello e dende o Centro de Recursos Solidarios de Narón agradecen de antemán toda a axuda que se poida realizar nestas campañas, ou en calquera outro momento do ano, para colaborar e axudar ás familias que acuden ás instalacións. As persoas que desexen colaborar tamén poden facelo no Centro de Recursos Solidarios, no polígono da Gándara -nas inmediacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz-, de luns a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas e as tardes dos luns e mércores entre as 17.00 e as 19.00 horas, tal e como informan dende o CRS.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal