Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU OS DIPLOMAS AO ALUMNADO DUN CURSO DE PEIXERÍA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN SUBVENCIONADO POLA UNIÓN EUROPEA
Marián Ferreiro e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, participaron no acto celebrado no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz
Narón, 25 de outubro de 2024. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron este mediodía no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, os diplomas do curso de Peixería enmarcado no programa municipal de formación e cofinanciado pola Unión Europea. Un total de once persoas -oito homes e tres mulleres- remataron o periodo formativo e catro delas están actualmente traballando en peixerías da zona. “Temos que valorar moi positivamente a inserción laboral deste curso, que no propio mes de finalización da actividade xa alcanza o 37%”, destacou a alcaldesa. O alumnado iniciou as clases o 17 de xuño e o pasado 10 de outubro rematou este período, cun total de 400 horas con prácticas incluídas e que contemplou tamén 15 horas en módulos transversais, dúas visitas e dúas charlas. Un total de 15 persoas iniciaron este curso -que contou con 29 solicitudes-, se ben no período das prácticas continuaban 13. “Queremos agradecer tamén a implicación das empresas nas que o alumnado realizou as prácticas, Gadis, Froiz, Eroski Neda e A túa lonxa, por ofrecerlles a posibilidade de poñer en práctica o aprendido durante as sesións teóricas”, destacou a rexedora local. O curso dirixíase a persoas desempregadas e impartiuse en horario de mañá. Coñecemento e diferenciación de pescados e mariscos, a súa recepción, almacenamento e conservación, tratamento e preparación, atención ao público, prevención de riscos laborais específicos do sector e hixiene alimentaria foron algúns dos contidos abordados no mesmo. Ferreiro felicitou ao alumnado que realizou o curso e desexoulles moita sorte no mercado laboral, tanto aos que están xa en activo como a aqueles que desexan exercer no ámbito da peixería. No transcurso da convocatoria tamén se informou ao alumnado dos servizos de emprego e formación permanentes de que dispón o Concello.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal