Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN RECOÑECE AS DEZ PERSOAS USUARIAS MÁIS COMPROMETIDAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A alcaldesa e a concelleira de Bibliotecas participarán no acto de entrega dos diplomas este sábado ás 12:00 horas.
A Biblioteca Municipal de Narón celebra este sábado, 10 de xaneiro, ás 12.00 horas, o Día dos Usuarios e Usuarias das Bibliotecas cun acto de recoñecemento ás persoas máis comprometidas con este servizo público cultural ao longo do último ano. A iniciativa, que se desenvolve de maneira ininterrompida desde o ano 2014 e que acada nesta edición a súa decimoterceira convocatoria, serve para render homenaxe ás persoas nomeadas Usuarios e Usuarias de Honra, un total de dez: cinco menores de ata 14 anos e cinco persoas adultas, escollidas pola súa especial implicación coa biblioteca municipal durante o ano anterior. Os Usuarios e Usuarias de Honra infantís 2026 son Roque Caaveiro García, Antía Méndez Mouriz, Julieta Ortigueira Ruiz, Marcos Painceiras Méndez e Roque Veiga Rodríguez. No caso das persoas adultas, os recoñecementos recaen en Raquel Crego Buela, Pilar López Curros, Justa Nieto-Aguiar Portela, Isabel Pita Galdo e Jesús Sánchez Rey. No acto participarán a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro Díaz, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro López, que se achegarán á biblioteca para saudar as persoas homenaxeadas e facerlles entrega dun diploma acreditativo e dun pequeno agasallo como mostra de agradecemento. Desde o Concello de Narón destacan con esta iniciativa a importancia das bibliotecas públicas como espazos de encontro, aprendizaxe e fomento da lectura, así como o papel fundamental das persoas usuarias na vida cultural do municipio.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal