Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN ABRE ESTE LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DOUS CURSOS DE CARRETILLAS E PLATAFORMAS ELEVADORAS
O Concello de Narón abre este próximo luns, 27 de abril, o prazo de inscrición para participar en dúas edicións do curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP (con certificación UNE), unha acción formativa orientada á mellora da empregabilidade das persoas desempregadas.
Venres, 24 de abril de 2026. A formación, cun total de 50 horas, combinará contidos técnicos e módulos transversais. En concreto, inclúe formación como operador/a de carretilla elevadora (UNE 58451, 20 horas) e operador/a de plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP, UNE 58923, 15 horas), ademais de módulos de orientación laboral, igualdade de oportunidades, prevención de riscos laborais e medio ambiente no sector naval, así como dúas charlas e visitas complementarias. As clases desenvolveranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. A primeira edición celebrarase do 11 ao 26 de maio, mentres que a segunda terá lugar do 27 de maio ao 10 de xuño. Cada edición contará con 10 prazas. O Concello reserva un 20% para derivación do Servizo Sociocomunitario, que pasarán ao cupo xeral no caso de non cubrirse. Poderán inscribirse persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón. No caso de quedar prazas vacantes, poderán acceder persoas doutros concellos, seguindo a orde de inscrición. Entre outros requisitos, non poderán estar matriculadas noutros cursos municipais coincidentes nin ter realizado previamente esta mesma formación con avaliación positiva. O Concello recomenda, para un mellor aproveitamento do curso, dispoñer de carné de conducir e non padecer vertixe ou problemas coronarios. O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de maio ás 13:30 horas. As solicitudes poden presentarse no Rexistro xeral do Concello de Narón, na sede electrónica municipal ou por calquera dos medios previstos na normativa vixente. A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Publicarase unha listaxe provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas na sede electrónica, abríndose un prazo de reclamacións de 24 horas. O alumnado será informado telefónicamente e deberá achegar, antes do inicio do curso, a tarxeta actualizada de demandante de emprego. O día de comezo da formación deberá identificarse co DNI ou NIE. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a web municipal ou contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal