Por estrada: é o principal acceso a Narón. Na actualidade aautopista AP-9 Ferrol-Narón-Madrid ten enlaces cos núcleos urbanos de Freixeiro, A Gándara e O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Rio do Pozo a través de vías de alta capacidade. Estos ramais da autoestrada conectan tamén ós núcleos urbanos entre sí. A autovía A-64, Ferrol-As Pontes-Vilalba, posúe tres accesos no término municipal en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo. A estas hai que engadir unha extensa rede de estradas, a Estrada de Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbano do Concello ata chegar a Ferrol e as estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e Ferrol-Ribadeo. Varias liñas de autobuses comunican o término municipal cos concellos limítrofes.
Por tren: o ferrocarril Ferrol-Xixón, de FEVE, é unha boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades, xa que os oito apeadeiros existentes no concello achegan as áreas rurais á zona urbana. Aínda que tamén discorre superficialmente polo municipio, a liña Ferrol-Madrid(RENFE) no tiene estación en Narón, de manera que hay que desplazarse a los ayuntamientos limítrofes de Ferrol o Neda para usar este medio.
Por Aire: en canto ao transporte aéreo, hai que mencionar a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago, a menos dunha hora de viaxe por autoestrada/estrada desde Narón. Esta situación converte esta opción nunha forma de desprazamento moi interesante para aqueles que viaxen ata o concello desde lonxe.
Distancias quilométricas dende Narón a outras localidades galegas
| localidade | Distancia (Km) |
| A Coruña | 54 |
| Ares | 20 |
| As Pontes de García Rodriguez | 32 |
| Betanzos | 40 |
| Cedeira | 29 |
| Ferrol | 5 |
| Fisterra | 154 |
| Lugo | 98 |
| Miño | 27 |
| Monfero | 39 |
| Mugardos | 21 |
| Neda | 4 |
| Ourense | 180 |
| Ortigueira | 43 |
| Pontevedra | 153 |
| Pontedeume | 20 |
| San Andres De Teixido | 40 |
| San Sadurniño | 12 |
| Santiago De Compostela | 95 |
| Tui | 203 |
| Valdoviño | 8 |
| Vigo | 190 |
| Vilalba | 60 |
| Vilarrube | 19 |
| Viveiro | 78 |
Distancias quilométricas dende Narón ás capitais do resto de Comunidades Autónomas
| Comunidade | Cidade | Distancia (Km) |
| Andalucía | Sevilla | 933 |
| Aragón | Zaragoza | 819 |
| Asturias | Oviedo | 326 |
| Cantabria | Santander | 534 |
| Castilla la Mancha | Toledo | 661 |
| Castilla León | León | 320 |
| Cataluña | Barcelona | 1104 |
| Extremadura | Mérida | 789 |
| Illes Balears | Palma | 1390 |
| Islas Canarias | Las Palmas | 2601 |
| Islas Canarias | Tenerife | 2495 |
| La Rioja | Logroño | 635 |
| Madrid | Madrid | 595 |
| Murcia | Murcia | 996 |
| País Vasco | Vitoria | 617 |
| Navarra | Pamplona | 725 |
| Valenciana | Valencia | 947 |
| Ceuta | Ceuta | 1270 |
| Melilla | Melilla | 1340 |