Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA INFORMÁTICA DIVERTIDA
A concelleira en funcións de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou que a convocatoria se dirixe a menores de entre 8 e 12 anos
Narón, 7 de xuño de 2023. A concelleira en funcións de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou que o Concello abrirá mañá xoves o prazo de inscrición no programa Informática Divertida (INDI) dirixido a menores empadroados en Narón de entre 8 e 12 anos. A edil indicou que as sesións de INDI se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia do 3 ao 31 de xullo (incluídos, se ben o día 25 non haberá actividade) en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas de luns a venres. En total ofértanse 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Os participantes aprenderán a programar con Minecraft, Star Wars e Frozen e tamén programación de bloques, a crear blogs para nenas e nenos e a elaborar un cómic dixital. “Esta proposta, moi coñecida xa na cidade, é unha actividade formativa centrada no ámbito da robótica e que convocamos novamente coincidindo co período vacacional para ofrecer aos máis pequenos ao longo dun mes unha alternativa educativa, tecnolóxica e creativa para o seu tempo de lecer”, apuntou a edil naronesa. Na zona rural da cidade, ofertouse este mesmo programa aos centros cívicos sociais das sete parroquias. As persoas interesadas poden contactar coas diferentes entidades veciñais para inscribirse ou solicitar información, ofrecéndose dez prazas para cada un deles. As sesións impartiranse nas mesmas datas e horario que na Aula Cemit de Xuvia. As solicitudes para a Aula Cemit poden presentarse ata o 16 de xuño ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón –donde se pode consultar toda a información deste programa- ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica. Para obter máis información sobre o programa INDI pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1502 ou 1123).

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal