Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE MES O CONGRESO ANUAL DE FESTIFOLK ESPAÑA
A cita desenvolverase do 7 ao 11 de decembro no Pazo da Cultura e na mesma planificaranse os festivais do vindeiro ano
Narón, 1 de decembro de 2023. O Congreso anual de Festifolk España celebrarase este mes de decembro, do 7 ao 11, no Pazo da Cultura. O Festival Internacional de Folklore de Narón será o anfitrión das xornadas de traballo e estudo da citada asociación, que aglutina a 27 festivais internacionais de folklore que se celebran a nivel estatal. No transcurso da convocatoria celebrarase a asemblea para aprobar o traballo realizado ao longo deste ano e tamén para deseñar un planing cos festivais e grupos convidados que actuarán o vindeiro ano nos festivais que se programen en España. Na xornada do venres os participantes neste congreso realizarán unha visita por diferentes zonas de Narón e está tamén prevista unha recepción institucional. O grupo de baile tradicional Alxibeira e o Concello de Narón colaboran na organización deste congreso anual.

<<< Febreiro 2024 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29  
Eventos do Concello
naron.gal