MARIÁN FERREIRO REUNIUSE CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA ABORDAR VARIAS OBRAS DE INTERESE PARA O MUNICIPIO
A alcaldesa da cidade incidiu na urxencia de acometer melloras pendientes de executar en viais e beirarrúas do termo municipal
Narón, 4 de febreiro de 2020.- A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, para abordar unha serie de actuacións de interese para o municipio. No encontro, ao que tamén acudiu o edil de Obras, Pablo Mauriz, e que serviu como unha nova toma de contacto entre os representantes de ambas administracións, Ferreiro e Formoso analizaron varias intervencións pendentes de acometer na cidade.
En materia de infraestruturas viarias Ferreiro interesouse polo estado no que se atopa a actualización dos proxectos de mellora das estradas de San Xiao e do Feal, dúas actuacións urxentes na cidade para garantir a seguridade peonil e rodada no termo municipal, ao tratarse de viais moi transitados.
Así mesmo, a alcaldesa trasladou a Formoso a necesidade de actuar con urxencia nas beirarrúas das estradas da Gándara, Concepción Arenal e Souto Vizoso, que presentan importantes desperfectos e que requiren dunha actuación de mellora para garantir tamén a seguridade na zona.
Ferreiro valorou o encontro mantido na administración provincial e amosou a súa confianza en que se avance nestes proxectos e intervencións tan necesarios para a cidade.