Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADA A XXI EDICIÓN DO RALLYE CIDADE DE NARÓN
Se celebrará os días 13, 14 e 15 de Xuño e discurrirá por cinco concellos da comarca.
Narón, 4 de Xuño de 2008.- O municipio de Narón acollerá os próximos días 13, 14 e 15 de Xuño a 21ª edición do Rallye Cidade de Narón , que está considerado pola Federación Galega de Automobilismo coma o mellor de Galicia, segundo comentou hoxe un dos seus organizadores, Miguel Rodríguez Aneiros, da Escudería Siroco Team Narón . Esta nova edición do rallye conta cun orzamento total de 100.000 euros, e está financiado na súa meirande parte polo Concello de Narón. O Edil de Deportes, Guillermo Sánchez Fojo, explicou hoxe que esta é tamén “a proba deportiva máis importante que ten este municipio, e que discurre ademáis polos concellos de San Sadurniño, As Somozas, Moeche, e A Capela”. O Concelleiro fixo ademáis un chamamento público ós pilotos e tamén ós espectadores “para que todos eles respeten as normas de circulación e de seguridade impostas pola organización”. O número total de participantes ascende nesta 21ª edición do rallye a 132 pilotos. Entre eles estará o canario Santiago Concepción –que foi Campeón de España- e tamén outros corredores como Pedro Burgo, Luis Vilariño ou Pablo Rey. “Estarán os que teñen os mellores coches do panorama galego, salvo o actual campeón galego, que non poderá participar ó non ter o seu vehículo operativo”, comentou Ramón Padín, directivo do Siroco Team e director técnico da proba. O rallye consta de 381 kilómetros, e case unha terceira parte dos mesmos corresponden a tramos cronometrados. Tanto a saída coma a meta estarán situadas na Avenida Cataluña, frente ó Centro Comercial e de Ocio “Odeón”. Ademáis, o parque de asistencia estará por primeira vez no Estacionamento para Camións, situado no sector III do polígono de Río do Pozo (frente a LIDL). Antonio Sueiras, presidente da Escudería Siroco Team, agradeceu ó Concello de Narón o seu apoio económico e tamén a cesión destas instalacións para poder levar a cabo o evento. A organización destinará un total de 13.810 euros a premios, que estarán repartidos entre a clasificación xeral e categorías. A organización dispón dunha páxina web con tódala información sobre esta proba. A dirección é a seguinte: www.rallyenaron.org

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal