Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA OFERTARÁ A VINDEIRA SEMANA 225 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS CULTURAIS NO PAZO
A concelleira en funcións de Cultura, Olga Ameneiro, avanzou que o prazo de inscrición permanecerá aberto do 12 ao 16 de xuño nas oficinas do Pazo
Narón, 6 de xuño de 2023. O Padroado da Cultura ofertará un total de 225 prazas nos Campamentos Culturais que se desenvolverán este verán. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, que informou que o prazo de inscrición permanecerá aberto do 12 ao 16 de xuño e que terán preferencia á hora de participar os menores empadroados en Narón. Os Campamentos culturais de verán diríxense a menores de 3 a 12 anos, e desenvolveranse en tres quendas de quince días cada unha. A primeira delas será do 3 ao 14 de xullo; a segunda do 17 ao 28 de xullo e a terceira do 31 de xullo ao 11 de agosto. O prezo por participante é de 50 euros por quincena e os grupos serán dun mínimo de 12 persoas e un máximo de 15. En total haberá dous grupos de menores de 3 a 5 anos; outros dous de 6 a 9 e un de 10 a 12 anos, tal e como se explicou. Os campamentos desenvolveranse en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, nas instalacións do Pazo da Cultura, se ben se poderá realizar a entrada a partir das 8.00 horas. Durante as diferentes quendas levaranse a cabo actividades como xogos tradicionais, manualidades, baile (tradicional, de salón, moderno, caribeños…), haberá proxeccións de cine, xogos en equipo, actividades de relaxación, vencelladas ao coñecemento dos instrumentos tradicionais, xincanas, etc. As inscricións deben formalizarse en horario de mañá, de 9.00 a 13.00 horas, nas oficinas do Pazo da Cultura, na rúa Holanda. A iniciativa súmase ao programa Aventura-T, que se levará a cabo no mes de xullo na Casa da Mocidade, na Gándara, e para o que se habilitaron 20 prazas para menores nados entre 2006 e 2010 e ao programa “Tempo de verán e conciliación”, que ofertou 72 prazas para menores de entre 3 e 12 anos e que se levará a cabo nas instalacións do CRA de Domirón, no Alto do Castiñeiro. “Trátase de propostas encamiñadas a axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a tempada estival, ofrecendo unha serie de propostas á cidadanía lúdicas e tamén cunha parte didáctica adaptada ás idades das nenas e nenos”, apuntou.
Más fotos de la noticia

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal