As persoas interesadas en participar deben acceder á aula virtual da iniciativa "Venres de consumo responde"
Narón, 10 de novembro de 2022. A Escola Galega de Consumo promove a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde sobre “Publicidade”. Nesta convocatoria alertase sobre os nosos dereitos nesa área e respostarase ás preguntas que se formulen, segundo avanzaron desde a organización. A charla dará comezo ás 12.30 horas. As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para participar na charla.