A empresa mixta de xestión de augas, COSMA, ven de adxudicar as obras de reposición de instalacións de abastecemento e saneamento na Avda da Solaina, así coma nas rúas Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cardenal Cisneros, Cristóbal Colón y Francisco Pizarro. Ilo significa que Narón reducirá no vindeiro ano significativamente a presenza do fibrocemento nas conduccións de auga naquelas zonas aurbanizadas antes da década dos oitenta nas que aínda perviven conduccións de auga fabricadas con ateriais hoxe prohibidos.
O Consello de Administración de COSMA ven de aprobar a adxudicación das obras á empresa COINUSA, única concursante que presentou ofertas a un concurso que supón investimentos de perto de 1.900.000€.
Entre as melloras adicionais para o barrio que suporán as obras adxudicatas figuran a canalización do servizo de alumenado público, a dotación de novos mobiliairos urbáns e a execución da rúa Compostela.
A adxudicación das obras foi aprobada por maioría polos membros do Concello de Administración da empresa mixta de sextión de augas, a excepción do voto en contra do representante do Partido Popular.
Na mesma sesión fíxose efectivo o cesamento de xeito voluntario da actual xerente de COSMA, Paula Salgado, quen por motivos persoais deixará en breves datas o posto en mans de José Manuel Mascote.