Xa están en marcha os cursos de natación, ioga e ximnasia de mantemento.
Narón, 10 de Marzo de 2010.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara reanuda dende hoxe tódalas actividades que foran suspendidas a causa da folga de monitores de instalacións deportivas. Deste xeito, retómanse con normalidade os cursos de natación, ioga e ximnasia de mantemento. Tamén funcionan dende o pasado luns 8 de marzo os banos libres, nos horarios habituais.